30 de octubre de 2013

O SAMAÍN

O SAMAÍN, comeza o inverno.

Para afastar as perigosas ánimas defuntas..., deixámosvos estes contos terroríficos.
Actividades do Samaín en Galicia




23 de octubre de 2013

16 de octubre de 2013

PREMIOS NACIONAIS LIX



Premios Nacionais de LITERATURA INFANTIL-XUVENIL
 para  Carme Solé Vendrell e César Mallorquí 


A ilustradora Carme Solé Vendrell (Barcelona, 1944) foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2013 por "ser unha artista 'faro' no mundo da ilustración do libro infantil e outros xéneros". Este premio non se outorga a unha obra, como hai uns anos (cando o obtivo Carme Solé por primeira vez), senón a toda unha traxectoria no mundo da ilustración.


O escritor catalán César Mallorquí (Barcelona, 1953) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela  La illa de Bowen, que previamente gañara o Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012 e está incluído na Lista de Honra 2014 de IBBY a proposta de OEPLI. O xurado considerou que a súa obra é "un canto á aventura e unha homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia,", e destacou a "excelente construción" dos seus personaxes e tramas.



Agustín Fernández Paz nominado ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2013. O 25 de marzo de 2014, o gañador do ALMA será anunciado. A nosa literatura infantil-xuvenil é unha das máis premiadas.