22 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

MOBILIZAROSALÍA

 O  Día de Rosalía de Castro,
24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura   
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)  propón á cidadanía:
 agasallar un libro en galego e unha flor



UN LIBRO E UNHA FLOR DENDE A BIBLIOTECA



Para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:

A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. 
Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!

Canta que fuxeu a noite.


EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

Propoñemos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:

Trocando en sonrisas / queixiñas e choros


11 de febrero de 2016