31 de octubre de 2017

                                                            SAMAÍN 2017

Chegou a noite de Samaín á Biblioteca, a festa de orixe celta que se celebra cada 31 de outubro como día de transición entre o verán e a estación sombría do inverno.
Os pobos celtas crían que neste día a fronteira entre os vivos e os mortos diluíase,
polo que os espíritos malignos podían regresar ao mundo. 

Para escorrentalos, utilizaban traxes e máscaras ademais de ofrecer ofrendas aos defuntos.

Na Biblioteca preparámonos para celebrala... Drácula, Frankestein e outros monstros e historias terroríficas están a esperarvos...    Achégate SEN MEDO!!!









Neste VÍDEO tedes unha recopilación de cancións de Samaín 
feita polo equipo de dinamización da lingua 
do CEIP Pío XII. 


Clica aquí para acceder ás cancións












17 de octubre de 2017



COIDEMOS OS NOSOS BOSQUES !!!

1 de septiembre de 2017


¡¡O VINDEIRO 16 DE SETEMBRO VOLTAN OS

SÁBADOS DE ANIMACIÓN 

A NOSA BIBLIOTECA,

As 12:00 horas!!

"O COCIÑEIRO MARTIÑO"

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.



(Para nenos/as de 3 a 12 anos). Entrada libre.

30 de agosto de 2017

PARA UNHA BOA 


A BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS INVÍTAVOS A BOAS LECTURAS COMA ESTAS:



10 de julio de 2017

POEMA PARA ELENA GARCÍA PAZOS

ELENA
Sonrisa tímida y pícara
Que deambula, deprisa,
Entre duendes y mariposas revoltosas,
Asomándose tras la ventana de la fantasía.

Elena se va a libar
El néctar de otras flores misteriosas
Porque su alma aventurera
La empuja lejos del viejo y conocido panal.

Nos deja alborotadas y confusas
Pero, nunca, tristes.
Se nos va la reina del enjambre
Pero ha dejado bien repleto el desván
De su mágica e indeleble maestría.

Vuela, cosita linda, vuela
Que nosotras
Aguardaremos, pacientes,
Por tu chispeante mirada,
Por el nervioso vaivén de tu cuerpo
Y tu locuacidad, a duras penas contenida.

En Lucus Augusti
Chirimías y algarabía resuenan por toda la ciudad.
Gladiadores preparan la acogida a una guerrera tan especial.
                                                        
                                        María José Viz Blanco (10/07/2017)

16 de junio de 2017

HISTORIAS NO VERÁN


Elena, boa sorte na túa nova andaina!



HORARIO DE VERÁN
LUNS A VENRES: 8:30-14:30
O SÁBADO A BIBLIOTECA ESTÁ PECHADA


                                            
PORTA FANTÁSTICA A LECTURA  


PAOLA LE:  historias para o verán
                                                                     


HISTORIAS DE SOLIDARIDADE E INTEGRACIÓN





BRUNO E A BIBLIOTECA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS DESÉXANVOS... ¡BOA VIAXE!





                                   
                                 
                                           HISTORIAS PARA LER EN FAMILIA

1 de mayo de 2017

MES DAS LETRAS




A GALIÑA AZUL
PROPOSTA DIDÁCTICA





EXPOSICIÓN E MATERIAL DIDÁCTICO




Ramalletes editoriais

Dende a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés unímonos á iniciativa "Ramalletes Editoriais" das Bibliotecas Municipais da Coruña en prol da promoción das letras galegas. Velaiquí unha selección de libros infantís publicados por pequenas empresas editoras da nosa comunidade que podes atopar no noso catálogo.









SÁBADOS DE ANIMACIÓN:
HOMENAXE A CARLOS CASARES



Moitas grazas a "Polo correo do vento"
Estiveron o SÁBADO 27 na sala infantil 
Nunha longa viaxe en tren aparecen mesturados distintos datos biográficos da vida de Carlos Casares  
deixáronnos os seus debuxos e historias que foron moi aplaudidas polas nenas e nenos que participaron nesta actividade.


 

TODA A COLECCIÓN DE POLO CORREO DO VENTO
SIGNATURA: C (VAN) MAU (+3 anos)



Moitas grazas a Marisa Irimia


polo Homenaxe a Carlos Casares
 A música de violín e os contos fabricados polo Contador de Contos con Efecto Retardado combínanse e entrelázanse nun novelo de historias que se irán desfiando de vagariño, nas que tropezaremos coa invención de cousas estrambóticas e imposibles
Sábado 20 de maio 
HORARIO: 12:00

----------------------------------------------------------------------------------------------------




BOAS HISTORIAS EN GALEGO



ler en galego!





O rei dos animais / un libro de Miguel Tanco
Fraga (Huesca) : La Fragatina, 2015
 
 Un día o león decide que vai empezar a ditar leis que lle faciliten a vida a el, sen se preocupar pola repercusión que estas leis arbitrarias poidan ter para os outros animais. Unha fábula divertida que nos axuda a reflexionar cos máis pequenos sobre o poder e a responsabilidade que implica. Miguel Tanco escribiu un conto cheo de fondura e humor e ilustrouno de maneira maxistral, xogando con formas e cores para traernos a luz da sabana ata a casa.
SIGNATURA: C TAN rei (+3 anos)


A árbore da escola / Antonio Sandoval ; Emilio Urberuaga
Pontevedra : Kalandraka, 2016
978-84-8464-259-6
SIGNATURA: C SAN arb (+ 6 anos)

Expedición Tilovonte / Carlos López ; ilustracións, Kristina Sabaite
Vigo : Galaxia, 2017
Benvidos á expedición máis tola, divertida, disparatada e incrible de todos os tempos!
ISBD:9788491510529
SIGNATURA: N LOP exp (+9 anos)


Tras a sombra do bruxo / Francisco Díaz Valladares
A Coruña : Rodeira, 2017

En pleno século XXI, a beleza de África e as súas tradicións conviven coa falta de escrúpulos.
Xán vive cos seus pais en Estados Unidos, pero pasa as súas vacacións co seu avó en África, onde se criou e onde aínda vive o seu avó. Con todo, este ano algo cambiou : a súa amiga da infancia converteuse nunha beleza masai. Mentres os sentimentos de Xián cara á súa amiga mudan, os acontecementos precipítanse : o seu avó é acusado polo feiticeiro do poboado de ser o responsable dos ataques dun vello león a humanos e, ademais, a súa fermosa amiga é secuestrada. Xián, o seu avó e o seu amigo masai terán que embarcarse nunha perigosa aventura para rescatar a moza e, no camiño, descubrirán as intencións e os intereses que se ocultan tras as acusacións do feiticeiro.
Premio EDEBÉ de Literatura xuvenil

SIGNATURA: N DIA tra (+12 anos)




31 de marzo de 2017

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBR0

O RATIÑO PRESUMIDO


A gran Lilí Gruyére ven de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida". Despois de reflexionar sobre os valores que transmite este conto decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado na propia Biblioteca o 
sábado 22 de abril ás 12 h. 
polos pais e nais asistentes (ou polos nenos e nenas de + 3 anos)


--------------------------------------------------------

CONCURSO LITERARIO
CO MOTIVO DO CENTENARIO DO NACEMENTO DOS ESCRITORES
CAMILO JOSÉ CELA E JOSÉ LUIS SAMPEDRO
VIAXA Á ALCARRIA 

BASES DO CONCURSO






UN CONTO PARA ESTE DÍA

O rabaño / Margarita del Mazo ; Guridi
Huesca : La Fragatina, 2014.
978-84-16226-03-0
Signatura: C MAZ rab (+ 3 anos)
Ser ovella é moi doado. Só hai que seguir o que di o manual: pasear, comer, durmir… pasear, comer, durmir… e axudar a durmir. Non fai falla pensar, abonda con facer o que fan as outras ovellas do rabaño. Pero que pasa cando unha ovella non segue o manual? Que se converte en… unha ovella negra! E como se consegue que a ovella número 4 axude o Miguel a adormecer?
Educar en valores, na autoestima, na valentía, na amizade

Maruja Mallo, homenaxeada no Día das Artes Galegas  2017

Maruja Mallo : Caracola con alas / Luisa Antolín ; Juan Manuel Santomé ; [traducción, Carmen Lozano Bright y Ann Marie Utratel]. 
Madrid : Hotel Papel, [2014]
  
Maruja naceu xunto ao mar e dende nena ía cun caderno e un lapis debuxando todo o que vía. Estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando e alí fíxose amiga de Margarita Manso, Salvador Dalí, Luis Buñuel e Federico García Lorca. Inaugurou o 'sinsombrerismo', que foi algo así como unha pequena revolución ao ir pola rúa coa cabeza descuberta, algo que estaba moi mal visto nas mulleres. Maruja tamén se fixo profesora ata que chegou a guerra e se tivo que exiliar. Foise a Arxentina e alí recibírona cos brazos abertos e ela quitou algo de tristura con ese cariño e a luz cálida e brillante de América. Cría que o Universo se ordenaba co número de ouro e sentía o cosmos como un ser vivo, fermoso, misterioso e con corazón. Maruja, metade estrela, metade bucina, foi unha gran pintora namorada da liberdade. 
978-84-937863-7-3
SIGNATURA: 929 MAL ant (vermello + 6 anos)



DÍA DO LIX (Libro Infantil e Xuvenil)



MOITAS GRAZAS A PABLÍSIMO
Cos seus contos nenas e nenos estivemos celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil


13 de febrero de 2017

EN FEMININO, NA PRIMAVERA, NA POESÍA...






 A ÁRBORE DO AMOR FLORECE DIANTE DA NOSA BIBLIOTECA






Chámaselle a árbore do amor porque as súas follas teñen forma de corazón e as flores que brotan son de cor rosáceo.  

Nome común: ÁrboRe  do amoR, árbol de judas, ciclamor, algarrobo loco
Nome científico: Cercis cilicuastrum


PRIMAVERA NOS LIBROS (Alba e Emilia)


 NO DÍA DA FELICIDADE RECOMENDAMOS ESTE LIBRO:
NON BUSQUES MÁIS....A FELICIDADE ESTÁ EN TÍ
signatura: C STIL par (vermello + 6 anos)


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
NUN MUNDO GRIS...UN LIBRO VÍSTETE DE COR





Un camino de flores / JonArno Lawson ; ilutsraciones Sydney Smith
Barcelona : Libros del zorro rojo, 2017
Unha nena recolle flores mentres camiña da man do seu pai por unha cidade gris. Cada flor convértese nun agasallo que deixa un rastro inequívoco de beleza : un camiño de flores. Este libro sen palabras, concibido polo laureado poeta JonArno Lawson e ilustrado por Sydney Smith, é unha oda á importancia das cousas pequenas, as persoas pequenas e os pequenos xestos, capaces de transformar a nosa contorna. Sydney consegue materializar a emoción e a xenerosidade no rostro da nena e na súa linguaxe corporal, e faio con extraordinaria sutileza nestas ilustracións en branco e negro, salpicadas de cor.
Gañador do Premio do Gobernador Xeral de Canadá
978-84-9465061-1 
Signatura: LI LAW cam

EXPOSICIÓN
GLORIERÍAS: HOMENAXE A GLORIA FUERTES

9 de enero de 2017

AZUL


CONTOSPARAOAMOR


CONTOS NAMORADOS



A GALIÑA AZUL

O GALIÑEIRO



                                  CARLOS CASARES NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017


PROPOSTA DIDÁCTICA







AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS






NON ME LEMBRO DO LIBRO, PERO... ERA AZUL