31 de marzo de 2017

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DO LIBR0

O RATIÑO PRESUMIDO


A gran Lilí Gruyére ven de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical "A Ratiña Presumida". Despois de reflexionar sobre os valores que transmite este conto decide facer a súa propia versión: "O Ratiño Presumido", que será representado na propia Biblioteca o 
sábado 22 de abril ás 12 h. 
polos pais e nais asistentes (ou polos nenos e nenas de + 3 anos)


--------------------------------------------------------

CONCURSO LITERARIO
CO MOTIVO DO CENTENARIO DO NACEMENTO DOS ESCRITORES
CAMILO JOSÉ CELA E JOSÉ LUIS SAMPEDRO
VIAXA Á ALCARRIA 

BASES DO CONCURSO






UN CONTO PARA ESTE DÍA

O rabaño / Margarita del Mazo ; Guridi
Huesca : La Fragatina, 2014.
978-84-16226-03-0
Signatura: C MAZ rab (+ 3 anos)
Ser ovella é moi doado. Só hai que seguir o que di o manual: pasear, comer, durmir… pasear, comer, durmir… e axudar a durmir. Non fai falla pensar, abonda con facer o que fan as outras ovellas do rabaño. Pero que pasa cando unha ovella non segue o manual? Que se converte en… unha ovella negra! E como se consegue que a ovella número 4 axude o Miguel a adormecer?
Educar en valores, na autoestima, na valentía, na amizade

Maruja Mallo, homenaxeada no Día das Artes Galegas  2017

Maruja Mallo : Caracola con alas / Luisa Antolín ; Juan Manuel Santomé ; [traducción, Carmen Lozano Bright y Ann Marie Utratel]. 
Madrid : Hotel Papel, [2014]
  
Maruja naceu xunto ao mar e dende nena ía cun caderno e un lapis debuxando todo o que vía. Estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando e alí fíxose amiga de Margarita Manso, Salvador Dalí, Luis Buñuel e Federico García Lorca. Inaugurou o 'sinsombrerismo', que foi algo así como unha pequena revolución ao ir pola rúa coa cabeza descuberta, algo que estaba moi mal visto nas mulleres. Maruja tamén se fixo profesora ata que chegou a guerra e se tivo que exiliar. Foise a Arxentina e alí recibírona cos brazos abertos e ela quitou algo de tristura con ese cariño e a luz cálida e brillante de América. Cría que o Universo se ordenaba co número de ouro e sentía o cosmos como un ser vivo, fermoso, misterioso e con corazón. Maruja, metade estrela, metade bucina, foi unha gran pintora namorada da liberdade. 
978-84-937863-7-3
SIGNATURA: 929 MAL ant (vermello + 6 anos)



DÍA DO LIX (Libro Infantil e Xuvenil)



MOITAS GRAZAS A PABLÍSIMO
Cos seus contos nenas e nenos estivemos celebrando o Día do Libro Infantil e Xuvenil